Os Consumidores contra a Teoría do Miope (Entrevista en Galicia Hoxe)
imagen Os consumidores teñen voto, pero tamén piden ter voz, porque adoecen de demasiada laxitude á hora de elixiren os seus representantes. Para "loitar" contra a pasividade e reclamar unha verdadeira democracia participativa ante a cita coas urnas o 22 de maio, a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (Adicae), celebrou o pasado 12 de abril, na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago unha xornada co título "Política e consumo. Os consumidores ante as eleccións municipais". Segundo indica a súa responsable en Santiago de Compostela, Eugenia Mariño, a clave é que non funcione, cando collamos as papeletas, "a teoría do miope, que pon sempre en valor, á hora de votar, o comportamento dos políticos máis próximos ás eleccións, polo que cómpre facer unha valoración xeral e que cada un decida tomando unha postura activa. Se nos désemos de conta do poder que temos para cambiar as cousas, fariamos máis", subliña. Pero, ¿que nota lles poñemos ós nosos representantes? Pois Adicae píntanos o panorama bastante negro, "pero seremos un pouco benevolentes para que se esforcen, porque se nos poñemos a lembrar casos como os de Lehman Brothers, Fórum Afinsa, a dación en pago das hipotecas, as cláusulas solo... imaxina", indica Mariño. Precisamente, unha das críticas que se lle fai, concretamente ó Goberno de Zapatero, desde a esquerda "real" é que goberna para os bancos, coas polémicas axudas millonarias para reflotar a conxuntura económica que se traduciron nunha restricción de crédito para os cidadáns e pemes aínda maior. A responsable de Adicae está de acordo con estas acusacións e deixa claro que "os causantes da crise foron as entidades financeiras e grandes institucións e precisamente levaron as axudas por parte do goberno. ¿Que pasa co resto?", pregúntase. Eugenia Mariño incide en datos alarmantes que ilustran a súa denuncia, como que nos últimos tres anos rexístranse 18 peticións de embargamentos inmobiliarios ó día, con verdadeiros dramas familiares con economías asfixiadas, en parte, polas cláusulas solo e os produtos tóxicos das entidades financeiras. En Galicia, ademais, a actualidade política está centrada desde hai tempo no futuro financeiro, concretamente de Novacaixagalicia, e desde Adicae estarán vixiantes para que se respecte a súa obra social, polo que acaban de crear unha plataforma con diversos colectivos para garantir que o 50% dos fondos vaian destinados a este fin, incluso se NCG finalmente se converte en banco. "As caixas antes eran as nenas bonitas e agora semella que son incluso malas para o sistema financeiro. Non podemos perder o seu carácter social", incide Mariño. A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros de Galicia (Adicae) impulsa unha especie de "programa electoral" para que os partidos as teñan en conta a prol dun maior benestar social e económico dos consumidores. ¿Os consumidores temos o lugar que nos corresponde na vida política deste país?, pregúntanse desde Adicae. Para atopar a resposta e intentar buscar as claves e evitar ser ignorados, a Facultade de Ciencias Políticas de Santiago acolleu un debate no que os expertos analizaron a actual situación financeira e o seu trato desde as forzas no poder, para aclarar se verdadeiramente se respectan os dereitos dos cidadáns e as peticións coas que se acode á cita coas urnas.
( más información )
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

22-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel avanzado

25-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
alfabetizacion digital nivel avanzado

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email