A dixitalización facilita o noso día a día de formas cada vez máis diversas. As novas tecnoloxías xa tiñan
un gran peso nas nosas vidas, pero desde o comezo da pandemia están cada vez máis presentes. Desde a
banca electrónica ata as compras por Internet, pasando pola comunicación, está claro que a dixitalización
chegou para quedar.
Con todo, o que para moitos é unha ferramenta que fai a nosa vida máis fácil, para outros pode ser un
obstáculo á hora de defender os seus dereitos, acceder a servizos básicos, participar na vida social ou
aproveitar todas as vantaxes que ofrece Internet.
Desde ADICAE non queremos que ninguén quede atrás nos procesos de dixitalización; se pensas como
nós, non dubides en axudarnos. Se contas con competencias dixitais básicas, como o uso de correo
electrónico, Skype ou Zoom, estás preparado para ser monitor voluntario nos nosos programas de
alfabetización dixital.
Os nosos talleres están pensados para axudar a todos os consumidores que queiran aprender a utilizar as
aplicacións básicas dos seus teléfonos ou os seus computadores. Garantir que todos os consumidores
poidan acceder a estas ferramentas é a mellor forma de asegurar que todos poidan participar activamente
na defensa dos dereitos dos consumidores, axúdanos a conseguilo!
APÚNTATE COMO MONITOR VOLUNTARIO:
no correo: galicia@adicae.net
ou contacta coas nosas sedes:
· A Coruña: 881 88 81 77. Avenida de Oza, 119, 15006.
· Vigo: 986 22 66 42. Rúa Velázquez Moreno, 9, 36201.
· Santiago de Compostela: 981941397. AV, Villagarcía, 2, entreplanta. |