Archivo de noticias - MAYO 2011

 
REPORTEIROS (TVG) : A ESTAFA FILATÉLICA CINCO ANOS DESPÓIS
http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=16/05/2011%2020:05:22&fecha=14/05/2011&arquivo=1&programa=REPORTEIROS&id_programa=660&corte=&mp4=0&medio=
 
Educar sobre cultura financeira e económica en beneficio dos cidadáns
imagen A relación dos usuarios e usuarias coas diferentes entidades financeiras é un tema de especial relevancia na actualidade dado o constante uso ou contratación de servizos que dende estas se ofrecen: tarxetas de crédito, hipotecas, plans de pensións, contas correntes, inversións,.. Así, gran parte da cidadanía mantén un constante contacto con bancos e caixas véndose ás veces afectada, de forma directa e particular, polas súas actuacións e decisións. Por este motivo, a Aula de Maiores organizou xunto con Adicae( Asociación de Consumidores e Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros) o pasado xoves 28 de abril, a conferencia La economía de los consumidores, dirixida a toda a toda a comunidade universitaria, na que se trataron temas relacionados coa defensa e a protección dos intereses económicos e sociais dos cidadáns fronte ás diferentes entidades económicas. Esta charla tivo lugar na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Torrecedeira da cidade de Vigo
( más información )
 
Os Consumidores contra a Teoría do Miope (Entrevista en Galicia Hoxe)
imagen Os consumidores teñen voto, pero tamén piden ter voz, porque adoecen de demasiada laxitude á hora de elixiren os seus representantes. Para "loitar" contra a pasividade e reclamar unha verdadeira democracia participativa ante a cita coas urnas o 22 de maio, a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia (Adicae), celebrou o pasado 12 de abril, na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago unha xornada co título "Política e consumo. Os consumidores ante as eleccións municipais". Segundo indica a súa responsable en Santiago de Compostela, Eugenia Mariño, a clave é que non funcione, cando collamos as papeletas, "a teoría do miope, que pon sempre en valor, á hora de votar, o comportamento dos políticos máis próximos ás eleccións, polo que cómpre facer unha valoración xeral e que cada un decida tomando unha postura activa. Se nos désemos de conta do poder que temos para cambiar as cousas, fariamos máis", subliña. Pero, ¿que nota lles poñemos ós nosos representantes? Pois Adicae píntanos o panorama bastante negro, "pero seremos un pouco benevolentes para que se esforcen, porque se nos poñemos a lembrar casos como os de Lehman Brothers, Fórum Afinsa, a dación en pago das hipotecas, as cláusulas solo... imaxina", indica Mariño. Precisamente, unha das críticas que se lle fai, concretamente ó Goberno de Zapatero, desde a esquerda "real" é que goberna para os bancos, coas polémicas axudas millonarias para reflotar a conxuntura económica que se traduciron nunha restricción de crédito para os cidadáns e pemes aínda maior. A responsable de Adicae está de acordo con estas acusacións e deixa claro que "os causantes da crise foron as entidades financeiras e grandes institucións e precisamente levaron as axudas por parte do goberno. ¿Que pasa co resto?", pregúntase. Eugenia Mariño incide en datos alarmantes que ilustran a súa denuncia, como que nos últimos tres anos rexístranse 18 peticións de embargamentos inmobiliarios ó día, con verdadeiros dramas familiares con economías asfixiadas, en parte, polas cláusulas solo e os produtos tóxicos das entidades financeiras. En Galicia, ademais, a actualidade política está centrada desde hai tempo no futuro financeiro, concretamente de Novacaixagalicia, e desde Adicae estarán vixiantes para que se respecte a súa obra social, polo que acaban de crear unha plataforma con diversos colectivos para garantir que o 50% dos fondos vaian destinados a este fin, incluso se NCG finalmente se converte en banco. "As caixas antes eran as nenas bonitas e agora semella que son incluso malas para o sistema financeiro. Non podemos perder o seu carácter social", incide Mariño. A Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros de Galicia (Adicae) impulsa unha especie de "programa electoral" para que os partidos as teñan en conta a prol dun maior benestar social e económico dos consumidores. ¿Os consumidores temos o lugar que nos corresponde na vida política deste país?, pregúntanse desde Adicae. Para atopar a resposta e intentar buscar as claves e evitar ser ignorados, a Facultade de Ciencias Políticas de Santiago acolleu un debate no que os expertos analizaron a actual situación financeira e o seu trato desde as forzas no poder, para aclarar se verdadeiramente se respectan os dereitos dos cidadáns e as peticións coas que se acode á cita coas urnas.
( más información )
 
Xornada: "Política e Consumo. Os consumidores ante as eleccións municipais"
imagen As eleccións están cada vez máis cerca pero os políticos moitas veces se preocupan de cousas banais, sin importarlle verdaderamente os problemas dos consumidores. O vindeiro martes 12 de abril en Santiago de Compostela, temos unha oportunidade única, de facerlle ver aos políticos, que os consumidores somos importantes e que se deben respetar os nosos dereitos cando acudimos a votar as urnas e que deben solucinar os graves problemas aos que nos estamos enfrontando diariamente. Anímate e ven a esta Xornada sobre Política e Consumo. Tí tes moito que dicir! Lembra: Martes, 12 de abril 18.30 horas Facultade de Ciencias Políticas e Sociais - Santiago de Compostela
 
Xornada : " O futuro das Caixas de Aforros"
imagen O vindeiro xoves 7 de abril, ADICAE GALICIA invítate a esta xornada tan interesante sobre as Caixas de Aforros. ¿Cál é a situación actual? ¿Qué vai acontecer coa Obra Social das Caixas de Aforros? ¿Se están a respetar os dereitos dos consumidores? .... Estas e outras preguntas serán debatidas nesta Xornada sobre o futuro das caixas. Participarán: Ilmo. Sr. D. Henrique Tello León . Primer tenente de Alcalde do Concello de A Coruña D. José Luis Méndez Romeu. Representante do PSG-PSOE D. Carlos Aymerich Cano. Representate do BNG D. Julián Valiente Romero. Secretario Xeral de COMFIA-GALICIA D. Agenor Gómez Alvarez, Vicepresidente de ADICAE - GALICIA Representantes das Entidades Financeiras Lembra: Data: Xoves, 7 de abril Lugar: Local da OMIC da Coruña (costa da Palloza, s/n - A Coruña) Hora: 18 horas ¡¡ANÍMATE E VEN A ESTA XORNADA!!
 
Mesas informativas nas principais cidades galegas
imagen O sábado 26 de marzo, ADICAE GALICIA, saiu a rúa con mesas informativas nas cidades de Vigo, Pontevedra, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo co obxetivo de que tódolos consumidores reivindicaran unha regulación xusta das hipotecas ante os abusos como as cláusulas solo, os clips e outros produtos tóxicos. Tamén se informou os cidadáns sobre a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para a regulación da dación en pago. Só en Galicia durante o ano 2010, producíronse 18 embargos ao día, e nos últimos 3 anos embargáronse os bens de 24.000 galegos. Esto pon de manifesto que é necesaria xa unha reforma da actual lei hipotecaria
 
A Audiencia Nacional expulsa definitivamente a Ausbanc do Rexistro de Asociacións de Consumidores e Usuarios
imagen A Sentenza firme e inapelable da Audiencia Nacional de outubro de 2010 ratificou a expulsión de Ausbanc do Rexistro de Asociacións de Consumidores por levar a cabo publicidade comercial. Esta Sentenza confirma a do Xulgado Central do Contencioso Administrativo de 6 maio de 2009 (que tamén adxuntamos). Descarregar sentenza en pdf O Instituto Nacional de Consumo expulsou en outubro de 2005 a Ausbanc do Rexistro Estatal de Asociacións de Consumidores tras comprobar que realizaba publicidade comercial. Ausbanc recurriu esta decisión que a Audiencia Nacional desestimou en sentenza o 6 de maio de 2009. O Maxistrado consideraba axustada a dereito a expulsión de Ausbanc deste rexistro e probados os incumplimentos por esta pseudo organización da normativa que regula o dereito de representación, consulta e participación dos consumidores e usuarios a través das suas asociacións. Ausbanc recurriu esta sentenza. Finalmente o seu recurso foi desestimado e confirmada definitivamente a súa expulsión por Sentenza de 6 de outubro de 2010 da Sala Cuarta do Contencioso Administrativo. Prema na seguinte ligazón onde encontrará un artigo explicativo de tódalas tramas de Ausbanc.
( más información )
 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

22-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel avanzado

25-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
alfabetizacion digital nivel avanzado

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email