Centos de galegos, socios de Adicae e xunto coas plataformas de afectados de toda Galicia saimos xuntos a rúa para reivindicar unha vez máis os cartos atrapados en preferentes e subordinadas
Voltou a quedar amosado que nunha nova xornada de loita reivindicativa, centos de consumidores tomaron a rúa, protestando pola devolución dos seus aforros.
Os titulares de preferentes e outros produtos tóxicos das entidades intervidas polo FROB soportarán grandes quitas aos seus cartos, tal e como se contempla nos plans de recapitalización que Bruselas pretende para a Banca española.Con estas actuacións, ADICAE pretende esixir a busca de solucións cos bancos e caixas que venderon estes produtos, pois a única saída ante un problema destas dimensións, a máis rápida resolución posible é a busca de solucións eficaces entre os afectados e as entidades. |