Archivo de noticias - ENERO 2013

 
¿TES PROBLEMAS COA HIPOTECA? Achégate as nosas delegacións e axudarémosche
imagen

ADICAE está informando a tódalas aquelas persoas con dificultades para facer fronte ao seu préstamo hipotecario sobre como intentar mellorar a súa situación e está asesorando sobre a posibilidade de aplicar as medidas do Goberno a aqueles consumidores que o desexen.

Esperámoste nas delegacións de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

 

 

 
Exito das concentracións diante das Diputacións Provinciais de Galicia
imagen

Adicae xunto coas Plataformas de Afectados de Participacións Preferentes e Obrigas Subordinadas de distintas cidades de Galicia se concentrou o venres 11 de xaneiro de 2013 ante as Diputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A razón é a firme protesta pola situación abusiva na que se atopan os afectados de Participacións Preferentes e obrigas subordinadas, que serán sometidos a unha quita extrema e intolerable.

Estas concentracións tiveron gran cantidade de asistentes que seguiremos loitando xuntos para conseguir unha solución para tódolos afectados, reclamando, entre outras cousas, que o procedemento de arbitraxe actualmente vixente  continúe e logre a devolución dos cartos dos aforradores.

 

 
Gran éxito das Xornadas sobre a reestructuración bancaria e os problemas dos consumidores galegos no ámbito financeiro
imagen

Moitos participantes pasaron polas xornadas que Adicae Galicia celebrou o pasado 4 de decembro na Casa da Cultura Galega en Vigo, para debatir e plantexar inquedanzas e propostas de como o mercado bancario español, en reconversión, é lesivo para os intereses dos usuarios. Avogados, profesores de Universidades, políticos e outros importantes membros das institucións da Xunta de Galicia, debatiron sobre o que se está vendo ata agora desta reestructuración, fundamentalmente unha profundización na tendencia da banca en impor condicións abusivas para os seus servizos e trasladar aos usuarios o coste do seu rescate.

Tratáronse temas de actualidade como os problemas hipotecarios e a inoperatividade das solucións actuais que existen, propoñendo por parte dos asistentes unha moratoria de 3 anos que realmente axude a paliar a situación actual. Tamén se falou das participacións preferentes e obrigas subordinadas e como o consumidor ten que intentar buscar información por outras canles alternativas á que recibe por parte dos empregados das entidades financeiras.

Os asistentes amosaron a súa preocupación pola situación actual, e deixaron claro que a defensa colectiva e organizada dos consumidores impulsada pola asociación durante máis de vinte anos logrou e está a lograr que se escoite a voz dos cidadáns fronte os abusos da banca.

 
Caixabank e ADICAE chegaron a un acordo para ao total dos afectados titulares de preferentes e outros produtos tóxicos de renda fixa que pertenzan á plataforma de ADICAE
imagen

ADICAE é sempre partidaria da interlocución, negociación, intermediación e solucións dos conflitos dos consumidores fronte as entidades na vía extraxudicial.

Este acordo é froito de reunións mantidas entre representantes de Caixabank, persoal de ADICAE, afectados da nosa plataforma, avogados,etc, ao longo do mes de abril de 2012. Este acordo foi consultado cos membros da Plataforma de afectados para chegar a un acordo definitivo:

(1) É un acordo transparente avalado pola plataforma de ADICAE; (2)Os afectados recuperarán o 100% dos seus aforros; (3)As solucións non supoñen responsabilidade nin costos para os consumidores; (4) Os afectados teñen total liberdade de aceptalo ou non; e (5)Todos os documentos e escritos necesarios estarán firmados por ambas partes.

Se precisan máis información, poden acudir ás ASAMBLEAS INFORMATIVAS, que faremos nas 3 delegacións que ADICAE ten en Galicia: Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela tódolos MARTES ás 18.00 horas.


( más información )
 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

04-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
ALFABETIZACION A CORUÑA NIVEL AVANZADO

08-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización digital. Nivel avanzado

10-04-2024 A CORUñA Grupo Igualdad y Consumo
Reunión ancional para creación del Grupo de Igualdad y Consumo

11-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
ALFABETIZACION A CORUÑA NIVEL AVANZADO

15-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel Avanzado

18-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
ALFABETIZACION DIGITAL nivel avanzado

22-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel avanzado

25-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
alfabetizacion digital nivel avanzado

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email