Archivo de noticias - MAYO 2013 |
|
III FORO HIPOTECARIO EN A CORUÑA: ANÁLISE CRÍTICO
DA NOVA REFORMA HIPOTECARIA E AS SUAS CONSECUENCIAS PARA OS CONSUMIDORES
|
Tras os intensos debates realizados durante as últimas semáns o Senado aprobará o texto definitivo de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. Por elo, ADICAE GALICIA celebrará un novo Foro Hipotecario que, seguindo a estela dos dous foros hipotecarios anteriores, ten por obxetivo analisar as modificacións máis relevantes para os debedores hipotecarios e para elo contará con movementos e organizacións sociais e expertos que nos trasladarán o seu punto de vista e as suas impresións sobre este novo texto.
OLEIROS - A CORUÑA
Dia: 15 de maio
Hora: 20.00
Lugar: Consorcio de As Mariñas, nas Torres de Santa Cruz (Avda Emilia Pardo Bazán, nº 17 - Santa Cruz - Oleiros)
(
más información )
|
|
Os socios de Adicae en Galicia tamén estivemos presentes no III Congreso de Adicae en Zaragoza
|
Unha representación de Socios de Adicae Galicia estiveron o pasado 26, 27 e 28 de abril en Zaragoza para participar no III Congreso de Adicae no que se renovou os órganos directivos para os vindeiros 4 anos e se estableceu a folla de ruta para seguir traballando para os consumidores.
Estiveron no Congreso 270 delegados de toda España, ademáis dos socios - compromisarios que os seguiron a través de videoconferencia dende as delegacións que Adicae ten e dende as suas propias casas e participaron nas votacións da nova xunta directiva, presidida de novo por Manuel Pardos, que foi reelexido novamente como presidente da asociación.
Os socios abordaron debates e posibles resolucións sobre as liñas de actuación de ADICAE para os vindeiros 4 anos. Entre elas, a extensión da actividade de ADICAE a outros ámbitos do consumo con forte e masivo impacto nos consumidores, tales como as telecomunicacións, enerxía, transporte e outros. O obxetivo, é que o movemento organizado dos consumidores sexa a ferramenta de mellora da calidade de vida dos cidadáns neste século XXI. |
|
Éxito dos Foros Hipotecarios celebrados en Galicia o 11 de Abril
|
Nestes Foros hipotecarios celebrados en Culleredo e Santiago de Compostela, analizáronse os problemas de milleiros de consumidores con problemas hipotecarios, así como a actualidade da situación do trámite parlamentario de modificación da normativa europea. Os representantes dos partidos políticos presentes nos foros ( AGE, PP, BNG e PSOE) coinciden en que é necesaria unha reforma da Lei de Enxuizamento Civil e da Lei Hipotecaria para equilibrar os dereitos e obrigas dos consumidores e entidades financeiras. Ademáis, todos os grupos políticos con representación en Galicia insisten na necesidade de potenciar a posta en marcha dun parque público de vivenda en aluguer contando coas vivendas traspasadas ao SAREB.
Ademáis nos foros hipotecarios tamén estiveron representados colectivos como Stop Desafiuzamentos que levan loitando polas familias que se ven atrapadas polos problemas causados pola hipoteca e os dramas dos desafiuzamentos. Tamén contamos con abogados colaboradores de Adicae que explicaron en que consisten as últimas sentenzas do Tribunal Supremo sobre as cláusulas chan e da sentenza do Tribunal da Unión Europea. |
|
Presentacion documental "Con tu dinero" e Mesa Redonda sobre Banca Ética
|
As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto organizan e presentan a proxección do documental "Con tu dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde investimentos en armas ata desafiuzamentos de familias desfavorecidas.
Despois do documental participaremos nunha mesa redonda con asociacions que se dedican Banca Ética como Coop57, Fiare, Ais O Peto.
Entrada libre e gratuita.
As datas e lugares das proxeccións son os seguintes:
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Martes, 16 de abril ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Avda do Burgo, s/n Campus Norte)
- VIGO: Mércores, 17 de abril ás 19.30 horas no Centro Civico de Teis (Rúa Camiño Maceiras, s/n)
- PONTEVEDRA: Xoves, 18 de abril ás 20.00 horas no Teatro Principal (Rúa Paio Gomez Chariño, 6) |
|
Volver al archivo de noticias |
|
|
|
|
 |
|
|
En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.
|
17-10-2023
A CORUñA Reunión de Junta Directiva REUNION JUNTA DIRECTIVA Y CONSEJO para hablar de el acto del aniversario de ADICAE
|
|
|
|
Servizos da asociación |

|
|
|
ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.
Carta de servizos
|
|
|
|