Novas sentenzas gañadas contra as cláusulas chan contra BBVA e Unicaja dannos a razón: Son abusivas e deben eliminarse
Respaldo xudicial das teses de ADICAE: á marxe da transparencia e a información, as cláusulas chan son abusivas polo desequilibrio que xeran, contrario á Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios. O xuíz pregúntase " por que o trastorno económico dunha entidade bancaria é maior que o de calquera cidadán? ".
Estas sentenzas avalan as teses de ADICAE e van máis alá da ditada polo Tribunal Supremo o pasado 9 de maio de 2013, xa que segundo explica no texto "coa contía do reclamado non se quebra nin se pon en risco o sistema económico".
En total en España son máis de 80 as demandas presentadas por ADICAE e a día de hoxe séguese agrupando consumidores afectados que se dirixen á Asociación para defender colectivamente os seus dereitos fronte a este abuso.
Non perdas as nosas reunións colectivas nas sedes de Adicae en Galicia:
Martes ás 12.00 e xoves ás 17.00 en Vigo e A Coruña Luns, mércores e venres de 9.00 a 14.00 en Santiago de Compostela.
A macrodemanda de ADICAE polas cláusulas chan desbloquéase e pon en xaque a banca
O Xulgado Mercantil número 11 de Madrid rexeita os argumentos das entidades demandadas e confirma a procedencia da reclamación de devolución de cantidades formulada por ADICAE xunto coa nulidade das cláusulas chan.
O Auto constitúe un novo respaldo á acción xudicial colectiva
En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.
ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España). N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email