Dende o 2015 o prezo da vivenda en alugueiro subiu en España un 52%, sendo os xoves e as rendas baixas os colectivos mais vulnerables e prexudicar no seu acceso á vivenda. Ante a subida do prezo dos alugueiros e as crecentes dificultades do acceso á vivenda para os consumidores, agravadas polos efectos da crise sanitaria, ADICAE propón regular por lei, a actualización anual do prezo do alugueiro – na base o Índice dos Prezos o Consumo, vixiar o cumprimento do carácter social das vivendas de protección oficial e dar acceso a quen realmente o precisa ás vivendas que de maneira estable permanezan baleiras.
Desta forma, ADICAE propón a necesidade de non limitar a intervención no ámbito do acceso á vivenda as situacións mais extremas e de carácter máis estrutural, mais ben incorporar unha visión de fondo, estructural e de futuro nas políticas e reformas necesarias.
Ditas propostas encóntranse contidas no estudo realizado pola Asociación, no que baixo o nome “El acceso a la vivenda de los consumidores en España. ¿Comprar o alquilar?”, se realiza un seguimento da relación existente entre a evolución do mercado hipotecario e o acceso á vivenda dos consumidores.
ADICAE advirte ademais que dentro do mercado inmobiliario os prezos a nivel de tendencia xeral seguen subindo imparablemente, mais no alugamento que na compra. No mercado do alugueiro, non so non baixan os prezos se non que se están producindo importantes subas, quizais mais que proporcionais o que sería lóxico segundo a presión da demanda.
Ao ser a xuventude e en xeral as rendas baixas os colectivos mais vulnerables e prexudicados no seu acceso ao mercar vivenda ou alugueiro da mesma, a emancipación do entorno familiar vaise dilatando cada vez mais no tempo.
Nota: Esta análise forma parte do informe ¨Los consumidores ante el mercado hipotecario post covid-19” , dentro do proxecto “Observatorio Hipotecario de los consumidores en la era post-covid” subvencionado polo Ministerio de Consumo.
Para ver o informe completo: https://bit.ly/2WPoShX |