Archivo de noticias - OCTUBRE 2022

 
ADICAE INTERVÉN NA TVG A CAUSA DAS PROPOSTAS HIPOTECARIAS DA BANCA
imagen

O pasado domigno 24 de Outubro a avogada de ADICAE Karina Fábregas, foi entrevistada no programa Bos Días para abordar as propostas hipotecarias da banca.

O presidente de ADICAE Manuel Pardos, reuniuse hoxe co ministerio de economía para tratar o anteproxecto que modifica o código de boas prácticas que está agora mesmo en vigor. O código de boas prácticas é un mecanismo ao cal poden recurir os consumidores que teñan dificultades para afrontar o pago da súa hipoteca, e que as entidades bancarias están na obriga de cumprir. 

Pola contra, a banca está tentando paralizar o pago da parte do capital do préstamo hipotecario e demorar o pago dos intereses. ADICAE está en disconformidade, pois suporía un incremento dos intereses que terá que afrontar o consumidor no futuro. Por ende, interviu na TVG para profundizar neste tema.

Durante a intervención, Karina abordou os seguintes temas:

- Pretensións da Banca coa modificación do código de boas prácticas

- Consumidores vulnerábeis ante a banca

- Consellos para a contratación dunha hipoteca

- Expectativas sobre o comportamento do Euríbor

 

Para poder ver a intervención completa, podes premer na seguinte ligazón (min 20) - https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-fds-5855907?t=1738


Se tes algunha dúbida en materia de hipotecas, non dudes en escribirnos a galicia@adicae.net

 

 

 
ADICAE INTERVÉN NA COPE CON MOTIVO DO AFORRO ENERXÉTICO
imagen

O pasado venres 21 de Outubro e con motivo do aforro enerxético, ADICAE interviu en MEDIODIA COPE CORUÑA. 

Nos últimos meses, estanse a producir constantes incrementos no precio da luz, cambios nas facturas e unha incertidumbre ao carón do tope do gas. Por ende Adicae interviu nos medios de comunicación para esclarecer un pouco as chaves principais en materia do aforro enerxético.

Durante a intervención trátanse os seguintes puntos:

- Excepción ibérica: tope do gas

- Competencia entre as compañías 

- Recomendacións para a factura da luz 

- Consellos para reducir a factura

 

Para ver a intervención completa podes premer na seguinte ligazón (Min 12) https://www.cope.es/emisoras/galicia/a-coruna-provincia/a-coruna/audios/mediodia-cope-coruna-21-10-2022-1320-horas-20221021_2086283

Se tes algunha consulta en materia de consumo podes escribirnos a galicia@adicae.net 

 
ADICAE PON EN MARCHA TALLERES SOBRE COMERCIO ELECTRÓNICO SEGURO
imagen

No ano 2019, Adicae presentou un proxecto de E-Commerce onde, a través dun estudo, analizouse a situación do comercio electrónico en España. Detectouse que máis do 20% das reclamacións de compras por internet non se resolven, polo que demandamos que os consumidores do comercio online tiveran os mesmos dereitos que os do comercio tradicional. 

Son moitos os consumidores que, afectados nos últimos meses por casos de PHISHING, acuden ás delegacións de Adicae preguntando cómo poden reclamar o seu diñeiro, pois atopamos que España é o terceiro país do mundo que máis ataques de phising sofre.

Co apoio do Instituto Galego de Consumo e Competencia ADICAE vai desenvolver unha serie de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de COMERCIO ELECTRÓNICO SEGURO

¿Qué imos a abordar?

→ Identificar, coñecer e esclarecer os dereitos como usuarios cando se leva a cabo unha compra online. 

→ Prácticas a levar a cabo cando se quere empregar o comercio electrónico de forma segura. 

→ Elementos a ter en conta antes de contratar, durante e despois da compra. 

Vémonos en:

02/11/2022 VIGO (PONTEVEDRA), OFICINA DISTRITO CASCO VELLO - 11:00h a 13:00h

14/11/2022 A CORUÑA, FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DA CORUÑA E A ÁREA METROPOLITANA - 19:00h

Se queres coñecer máis información sobre estas actividades poder escribirnos a galicia@adicae.net

 


 

 

 

 
ADICAE REALIZARÁ PARA OS CONSUMIDORES GALEGOS DIFERENTES ACTUACIÓNS EN MATERIA DE SOBREENDEUDAMENTO.
imagen

A crisis xerada polas circusntancias arrastradas nestes úlltimos anos situou no primeiro plano un problema que ADICAE sinala dende o 2002: O empobrecemento e sobreendeudamento dos consumidores. Enténdese por este concepto aquelas deudas que os consumidores non poden soportar, coma os numerosos préstamos hipotecarios durante a crisis financiera do 2008, como ocorre actualmente trala pandemia do COVID-19 e a desmesurada inflación e os costes da enerxía.

Non se pode entender o Sobreendeudamento familiar sen entender nin sinalar as malas prácticas das entidades financieras, como son os créditos inmediatos ou as tarxetas de crédito aplazado, coñecidas tamén como tarxetas revolving. 

→ Na actualidade, son moitos os consumidores afectados polas execucións hipotecarias, as comisións bancarias e productos e servicios financierios perxudiciais. Una educación financieira de calidade é fundamental para a resolución destes conflictos. Dende ADICAE Galicia queremos aportar solucións e información para facer fronte ao sobreendeudamento, coñecer os productos financieiros e elaborar un presuposto familiar efectivo.

Por ende, celebraremos en diferentes lugares a seguinte actividade: EVITA O SOBREENDEUDAMENTO E MELLORA A EDUCACIÓN FINANCIEIRA 

26/10/2022 VIGO (PONTEVEDRA), OFICINA DISTRITO CASCO VELLO – 11:00h a 13:00h

10/11/2022 A CORUÑA, ASOCIACIÓN DE PERSONAS SORDAS DE A CORUÑA – 18:00h a 20:00h

09/11/2022 OURENSE

11/11/2022 A CORUÑA , AGALURE – 20:30h

17/11/2022 SANTIAGO ( A CORUÑA), FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO – 10:30h a 13:00h

17/11/2022 NOIA

22/11/2022 VIGO (PONTEVEDRA)

24/11/2022 OURENSE

29/11/2022 VIGO (PONTEVEDRA), FUNDACIÓN ÉRGUETE – 12:30h a 14:30h

30/11/2022 LUGO

Se queres coñecer máis información sobre estas actividades podes escribirnos a galicia@adicae.net

 

 

 
ADICAE LEVARÁ A CABO ACTIVIDADES DE SENSIBILIZACIÓN, FORMACIÓN E DIVULGACIÓN EN MATERIA DE ENERXÍA ELÉCTRICA.
imagen

Debido aos constantes cambios na factura da enerxía eléctrica e nas tarifas, e cunha morea de noticias nos medios de comunicación, preparamos nas próximas semanas un conxunto de actividades en materia de Suministro de Enerxía Eléctrica. O obxectivo será coñecer os trocos que se produciron, reclamar se fora necesario e reivindicar os nosos dereitos como consumidores críticos, responsables e solidarios. 

» Esta actividade conta co apoyo do Instituto Galego de Consumo e Competencia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de enerxía.

¿Qué imos ver?

Detectar as malas prácticas encamidadas a identificar, esclacerer e coñecer os dereitos como usuarios do sector eléctrico e os datos esenciais que conforman a factura de consumo eléctrico. Tamén identificaremos as tarifas que existen e a comparativa entre os dous mercados existentes: mercado regulado e mercado libre.

Coñecer as novas clases enerxéticas dos electrodomésticos.

→ Desenvolvemento práctico para unha mellor comprensión da factura eléctrica e un aforro no suministro da enerxía nos fogares.

COÑECE A TÚA FACTURA DA LUZ E APRENDE A REDUCILA

25/10/2022 VIRAVENTOS (A CORUÑA) – 10:30h a 12:30h

26/10/2022 NOIA (A CORUÑA)

27/10/2022 VIGO (PONTEVEDRA), FUNDACIÓN ÉRGUETE – 12:30h a 14:30h

7/11/2022 SANTIAGO (A CORUÑA), ATEGAL – 11:00h a 13:00h

15/11/2022 FERROL (A CORUÑA)

23/11/2022 VIGO (PONTEVEDRA), FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR – 11:00h a 13:00h

24/11/2022 LUGO (A CORUÑA), ACCEM

29/11/2022 SANTIAGO (A CORUÑA)

 

Se queres coñecer máis información sobre estas actividades podes escribirnos a galicia@adicae.net

 

 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email