A modificación farase efectiva en abril de 2022. A intención é mellorar a transparencia das empresas enerxéticas, e garantir que os datos que proporcionan acerca do seu impacto ecolóxico correspóndense coa realidade, e non con estratexias publicitarias ou lavados de imaxe. Tamén permitirá aos consumidores comparar os datos da súa comerlizadora cos da media nacional.
No Boletín Oficial do Estado xa podemos atopar un exemplo do aspecto que terá o novo apartado da nosa factura https://www.boe.es/boe/dias/2021/12/13/pdfs/BOE-A-2021-20574.pdf.
Os datos que figurarán nas novas facturas son:
• Un diagrama que mostrará en que porcentaxe utilizou nosa comercializadora cada fonte de enerxía (gas natural, enerxía nuclear, carbón, enerxías renovables…).
• Unha cualificación do impacto ambiental da comercializadora. Funcionará como a etiquetaxe de eficiencia enerxética dos electrodomésticos: unha escala descendente da A a G. Xunto ao impacto ambiental figurarán as emisións de CO2 e os residuos radioactivos.
• Unha ligazón á normativa da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sobre a etiquetaxe da electricidade, para que podamos comprobar se as nosas facturas cumpren os requisitos establecidos.
Trátase dun cambio positivo cara ao consumo sostible que defendemos desde a asociación, pero a solución ao problema da electricidade pasa por reformas que garantan prezos xustos e razoables, unha situación de pobreza enerxética cero e un compromiso real de sustentabilidade por parte das comercializadoras.
Ademais, para que o cambio na factura da electricidade teña un efecto positivo, é necesario que as empresas cumpran a súa parte. Actualmente xa é obrigatorio que as comercializadoras inclúan un código QR nas facturas, mediante o que acceder a unha comparación das ofertas de mercado. Con todo, nas formacións que organizamos desde ADICAE sobre o contido das facturas da electricidade e o funcionamento do mercado eléctrico, comprobamos que moitas comercializadoras non inclúen o código QR requirido.
Se crees que a información da túa factura non é correcta ou tes algunha dúbida sobre o mercado eléctrico, podes contactarnos nas nosas sedes de Galicia:
·A Coruña: coruna@adicae.net 881 88 81 77
·Vigo: vigo@adicae.net 986 22 66 42
·Santiago de Compostela: 981 94 13 97
Se queres consultar máis información sobre a nova etiquetaxe ou sobre cuestións de eficiencia enerxética, podes consultar as seguintes ligazóns:
·A nova etiquetaxe: https://blog.cnmc.es/2021/12/28/novedades-en-la-factura-de-la-luz/.
·Garantías sobre a comercialización de enerxía renovable: https://blog.cnmc.es/2019/06/03/pueden-las-comercializadoras-ofrecer-energia-100-renovable/.
·Boletín Oficial do Estado: https://www.boe.es/boe/dias/2021/12/13/pdfs/BOE-A-2021-20574.pdf.
·A obrigatoriedade do Código QR: https://www.cnmc.es/prensa/codigo-QR-factura-luz-20210702.