Fai pouco coñecíamos a boa nova de que a Audiencia Provincial de Alicante deu a razón a ADICAE; o Banco Sabadell, que absorbeu ao antes denominado Banco Atlántico, deberá devolver todas as cantidades cobradas indebidamente en concepto de gastos hipotecarios, máis os intereses.
O máis importante é que esta sentenza estenderá os seus efectos a todos os consumidores afectados do antigo Banco Atlántico, e non só aos que participaron na acción colectiva presentada por ADICAE; trátase dun novo éxito para este tipo de acciones en España.
En ADICAE consideramos que as accións colectivas como unha vía eficaz para a defensa dos dereitos dos consumidores. A espera da transposición dunha Directiva Europea que facilitará esta opción xudicial, procesos como os que planteou ADICAE no caso dos gastos hipotecarios, contra 101 entidades bancarias, abren unha vía para a defensa colectiva dos consumidores no noso país.
Podedes acceder a sentenza aquí.
|