Archivo de noticias - MAYO 2013

 
III FORO HIPOTECARIO EN A CORUÑA: ANÁLISE CRÍTICO DA NOVA REFORMA HIPOTECARIA E AS SUAS CONSECUENCIAS PARA OS CONSUMIDORES
imagen

Tras os intensos debates realizados durante as últimas semáns o Senado aprobará o  texto definitivo de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios. Por elo, ADICAE GALICIA celebrará un novo Foro Hipotecario que, seguindo a estela dos dous foros hipotecarios anteriores, ten por obxetivo analisar as modificacións máis relevantes para os debedores hipotecarios e para elo contará con movementos e organizacións sociais e expertos que nos  trasladarán o seu punto de vista e as suas impresións sobre este novo texto.

OLEIROS - A CORUÑA

Dia: 15 de maio

Hora: 20.00 

Lugar: Consorcio de As Mariñas, nas Torres de Santa Cruz (Avda Emilia Pardo Bazán, nº 17 - Santa Cruz - Oleiros)

 


( más información )
 
Os socios de Adicae en Galicia tamén estivemos presentes no III Congreso de Adicae en Zaragoza
imagen

Unha representación de Socios de Adicae Galicia estiveron o pasado 26, 27 e 28 de abril en Zaragoza para participar no III Congreso de Adicae no que se renovou os órganos directivos para os vindeiros 4 anos e se estableceu a folla de ruta para seguir traballando para os consumidores.

Estiveron no Congreso 270 delegados de toda España, ademáis dos socios - compromisarios que os seguiron a través de videoconferencia  dende as delegacións que Adicae ten e dende as suas propias casas e participaron nas votacións da nova xunta directiva, presidida de novo por Manuel Pardos, que foi reelexido novamente como presidente da asociación.

Os socios abordaron debates e posibles resolucións sobre as liñas de actuación de ADICAE para os vindeiros 4 anos. Entre elas, a extensión da actividade de ADICAE a outros ámbitos do consumo con forte e masivo impacto nos consumidores, tales como as telecomunicacións, enerxía, transporte e outros. O obxetivo, é que o movemento organizado dos consumidores sexa a ferramenta de mellora da calidade de vida dos cidadáns neste século XXI.

 
Éxito dos Foros Hipotecarios celebrados en Galicia o 11 de Abril
imagen

Nestes Foros hipotecarios celebrados en Culleredo e Santiago de Compostela, analizáronse os problemas de milleiros de consumidores con problemas hipotecarios, así como a actualidade da situación do trámite parlamentario de modificación da normativa europea. Os representantes dos partidos políticos presentes nos foros ( AGE, PP, BNG e PSOE) coinciden en que é necesaria unha reforma da Lei de Enxuizamento Civil e da Lei Hipotecaria para equilibrar os dereitos e obrigas dos consumidores e entidades financeiras. Ademáis, todos os grupos políticos con representación en Galicia insisten na necesidade de potenciar a posta en marcha dun parque público de vivenda en aluguer contando coas vivendas traspasadas ao SAREB.

 

Ademáis nos foros hipotecarios tamén estiveron representados colectivos como Stop Desafiuzamentos que levan loitando polas familias que se ven atrapadas polos problemas causados pola hipoteca e os dramas dos desafiuzamentos. Tamén contamos con abogados colaboradores de Adicae que explicaron en que consisten as últimas sentenzas do Tribunal Supremo sobre as cláusulas chan e da sentenza do Tribunal da Unión Europea.

 
Presentacion documental "Con tu dinero" e Mesa Redonda sobre Banca Ética
imagen

As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto organizan e presentan a proxección do documental "Con tu dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde investimentos en armas ata desafiuzamentos de familias desfavorecidas.

 

Despois do documental participaremos nunha mesa redonda con asociacions que se dedican Banca Ética como Coop57, Fiare, Ais O Peto.

Entrada libre e gratuita.

As datas e lugares das proxeccións son os seguintes:

- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Martes, 16 de abril ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Avda do Burgo, s/n Campus Norte)

- VIGO: Mércores, 17 de abril ás 19.30 horas no Centro Civico de Teis (Rúa Camiño Maceiras, s/n)

- PONTEVEDRA: Xoves, 18 de abril ás 20.00 horas no Teatro Principal (Rúa Paio Gomez Chariño, 6)

 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

22-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel avanzado

25-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
alfabetizacion digital nivel avanzado

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email