Participa na nova marea cidadán, a dos consumidores, vítimas dos bancos e dos monopolios empresariais(telecomunicacións, transporte, gran distribución comercial, enerxía,...). A dos consumidores críticos contra os abusos e as fraudes do sistema financeiro.
En Galicia todos os xoves saímos á rúa, facendo diversas mobilizacions, performances, pasarrúas,.... E queremos que te unas a nós. Son os teus dereitos e tes que defendelos.
Os consumidores debemos unirnos para loitar contra as comisións inxustas, cláusulas abusivas, hipotecas lixo, e produtos tóxicos que se extenderon durante os últimos anos.
Consulta coas nosas delegacións cómo participar.
(
más información )
|
ADICAE conseguiu a primeira sentenza colectiva contra as cláusulas chan de Unicaja, na que unha xuíz de Málaga condena á entidade a anular estas cláusulas e devolver o indebidamente cobrado de máis a 39 hipotecados. A entidade deberá devolver a varios afectados máis de 30.000 euros, o que demostra claramente o prexuízo económico causado polas cláusulas chan a centos de miles de familias.
Lembra que se queres informarte das cláusulas chan das hipotecas, temos reunións colectivas nas delegacións de ADICAE GALICIA (A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela) os seguintes días:
Martes ás 12.00 horas
Xoves ás 17.00 horas
(
más información )
|