ORIXE E FUNDACIÓN

, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros de Galicia, é unha Asociación sen ánimo de lucro, constituída o 6 de novembro do 2003 con cumprimento de tódalas normas legais, tanto estatais como autonómicas, atopándose rexistrada co número 57 da Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia do Instituto Galego de Consumo.

Ten como fins a defensa e representación, educación, orientación, información e formación dos consumidores e usuarios (artigo 3 dos seus Estatutos), especialmente no eido do consumo financeiro e de seguros; sendo o seu ámbito de actuación territorial o autonómico.

, encóntrase integrada dentro de ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España, Asociación de consumidores de ámbito estatal, rexistrada no Rexistro Estatal de Asociacións de Consumidores do Instituto Nacional de Consumo co número 5, e que é membro da Comisión Permanente do Consello de Consumidores e Usuarios de España; dos Grupos de traballo “Servizos Financeiros DG SANCO” e “Medios de Pago DG Mercado Interior”, e do Grupo de Expertos para a Eficiencia no Mercado de Fondos de Investimento da Comisión Europea; é membro de “Consumers Internacional” e do Comité Consultivo da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), nos cales a propia ten participación directa.

 


 


 


 
 
ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email