Novas sentenzas gañadas contra as cláusulas chan contra BBVA e Unicaja dannos a razón: Son abusivas e deben eliminarse
|
Respaldo xudicial das teses de ADICAE: á marxe da transparencia e a información, as cláusulas chan son abusivas polo desequilibrio que xeran, contrario á Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios. O xuíz pregúntase " por que o trastorno económico dunha entidade bancaria é maior que o de calquera cidadán? ".
Estas sentenzas avalan as teses de ADICAE e van máis alá da ditada polo Tribunal Supremo o pasado 9 de maio de 2013, xa que segundo explica no texto "coa contía do reclamado non se quebra nin se pon en risco o sistema económico".
En total en España son máis de 80 as demandas presentadas por ADICAE e a día de hoxe séguese agrupando consumidores afectados que se dirixen á Asociación para defender colectivamente os seus dereitos fronte a este abuso.
Non perdas as nosas reunións colectivas nas sedes de Adicae en Galicia:
Martes ás 12.00 e xoves ás 17.00 en Vigo e A Coruña Luns, mércores e venres de 9.00 a 14.00 en Santiago de Compostela.
(
más información )
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Servizos da asociación |
|
|
|
ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.
Carta de servizos |
|
|
|