Saludo del equipo en

Estimados amigos/as:

é unha Asociación de Consumidores e Usuarios de ámbito estatal cunha traxectoria de máis de 17 anos ó servizo da insubornábel defensa dos intereses e dereitos dos consumidores. Durante todos estes anos levamos presentado batalla contra as grandes compañías financeiras acadando importantes logros e conquistas, que uparon a nosa organización a seren considerada como unha das máis prestixiosas tanto a nivel nacional coma internacional, sendo a única recoñecida polas Institucións de Consumo Españolas e Europeas coma especializada en consumo financeiro.

Porén toda esta labor estaría gravemente dificultada se non contasemos cunha base social formada por milleiros de [email protected] e persoas consumidoras simpatizantes que véñennos dando o seu apoio.

hai anos que está presente en Galicia desenrolando as súas actividades en defensa dos usuarios de servizos financeiros. Nembargante, unha mera presencia inicial transformase nunha participación activa a tódolos niveis impulsada por un forte aumento [email protected] [email protected] Cada vez máis [email protected] foron depositando na nosa Asociación a súa confianza inscribíndose coma [email protected], dos que xa contamos por milleiros en tódalas grandes cidades e pobos de Galicia.

Este grande crecemento da nosa Asociación en Galicia supuxo o nacemento dunha organización propia na nosa Comunidade, coligada coa organización estatal. Así dende principios do ano 2004 está constituída con personalidade xurídica propia , Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia.

Dámosche a benvida á nosa Asociación coa esperanza de que colme de satisfacción as túas inquedanzas neste arduo campo do consumo financeiro, e atrevémonos a solicita-lo teu apoio na nosa labor, coma o que nos outorgan xa milleiros de [email protected] que están [email protected] a participando deste xeito nas nosas actividades de defensa, formación e información das persoas consumidoras galegas.

Manuel Pardos Vicente
Presidente de

 

 
 
ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email