Moito coidado cos CoCos, as novas preferentes da Banca.
imagen

Unha nova ameaza para os consumidores europeos. Aínda sen apagarse o incendio das participacións preferentes, a banca europea fomenta un novo produto complexo co que recapitalizarse a custa dos cidadáns: os bonos convertibles continxentes, denominados 'CoCos' na xerga financeira.

Basilea III -a nova normativa internacional que regula a actividade bancaria-, supón o final das preferentes como produto financeiro co que as entidades poden reforzar a súa solvencia. Desa necesidade da banca por seguir reforzando os seus balances xorden outros produtos, entre eles os "cocos", que computarán como core capital Tier 1 adicional -capital de máxima calidade-, dentro do 8% total de recursos propios esixido.

Trátase de produtos complexos e perigosos para os aforradores. Son débeda da entidade que os emite, que se converte en accións se se cumpren varios requisitos. Cando o consumidor quere recuperar o invertido ten que vender as accións, co conseguinte risco de perda dos aforros que iso leva consigo. Ademais, antes da conversión en accións, se o capital básico do banco se reduce, o prezo do 'coco' tamén cae.

Tal é o risco destes produtos que, aínda que ata agora se dirixiron a investidores cualificados ou institucionais, mesmo nestes casos a ESMA se ve na obriga de lanzar unha advertencia xeral. E é que a Autoridade Europea de Mercados, na que ADICAE representa aos consumidores españois, non cre que os usuarios de banca saiban valorar axeitadamente os riscos que entrañan estes produtos, dos que a colocación en calquera caso queda totalmente prohibida para os pequenos aforradores.

 

A Banca prepara novas emisión de produtos complexos.

A banca española leva comercializando 'cocos' máis de 2 anos, e ADICAE xa advertiu en anteriores ocasións da súa perigosidade. Este produto, mesmo, foi colocado pola banca a miles de consumidores mediante os 'trocos' das participacións preferentes.

Pero non son os únicos perigos para o consumidor xa que a banca española xa prepara colocacións masivas de cédulas, bonos, débeda subordinada ou warrants que supera os 70.000 millóns de euros, ameazas ante as cales os aforradores deben estar máis atentos que nunca. ADICAE esixe que a CNMV cumpra co seu labor e marque o camiño aos bancos, impedindo a comercialización destes produtos complexos a aforradores da pé, tal e como aconteceu coas participacións preferentes ou a débeda subordinada.

Dende ADICAE recordamos que sempre antes de contratar calqueira produto e para estudiar detenidamente a letra pequena, pode pasar por unha sede de ADICAE para revisalo.


( más información )
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email