Dende adicae reclamamos unha solución para os milleiros de Afectados pola intervención de Forum, Afinsa e Arte y Naturaleza que aconteceu xa hai 5 anos. Dende diversas institucións, seguen dando evasivas a unha solución para as máis de 460.000 familias que hai en España. Nestes días, o comité de afectados de Galicia mantivo diversas reunións cos grupos políticos parlamentarios, esixindo un compromiso pola súa parte de que efectivamente van a facer algo por solventar este problema tan grave para economía destas familias. Ainda que xa pasa tempo e non se ve unha solución clara, hai que seguir ahí e seguir loitando, porque TEN QUE HABER UNHA SOLUCIÓN PARA RESOLVER UN PROBLEMA SOCIAL!! |