Cada día chegan mais consultas a ADICAE sobre disposicións patrimoniais padecidas froito das pérdidas, roubos e hurtos de tarxetas de crédito, pero tamén pola obtención fraudulenta de datos persoais, de claves de acceso, de claves de seguridade...: ben seca porque o cliente pincha nun enlace que lle redirecciona a unha páxina idéntida a do seu suministrador de electricidade, gas ou a sua entidade financeira, ou ben porque facilita datos a quen fraudulentamente fixo xrer ao consumidor que se trataba da súa entidade de confianza quen lle requería información alegando falsas razóns de seguridade. Estes tipos de fraudes, mais alá da responsabilidade penal de quen os comete, tamén pode supor a responsabilidade do banco e a devolución do diñeiro roubado ao particular.
Se foches víctima dun SMS fraudulento, falta diñeiro da tua tarxeta por pinchar un enlace, entraron na túa banca electrónica....deféndete con ADICAE. Inscríbete na nosa plataforma de afectados: https://colectivos.adicae.net/ssl/afectados_p.php?id=87&nombre=&rep=1 |