ADICAE INTERVÉN NA TVG A CAUSA DAS PROPOSTAS HIPOTECARIAS DA BANCA
imagen

O pasado domigno 24 de Outubro a avogada de ADICAE Karina Fábregas, foi entrevistada no programa Bos Días para abordar as propostas hipotecarias da banca.

O presidente de ADICAE Manuel Pardos, reuniuse hoxe co ministerio de economía para tratar o anteproxecto que modifica o código de boas prácticas que está agora mesmo en vigor. O código de boas prácticas é un mecanismo ao cal poden recurir os consumidores que teñan dificultades para afrontar o pago da súa hipoteca, e que as entidades bancarias están na obriga de cumprir. 

Pola contra, a banca está tentando paralizar o pago da parte do capital do préstamo hipotecario e demorar o pago dos intereses. ADICAE está en disconformidade, pois suporía un incremento dos intereses que terá que afrontar o consumidor no futuro. Por ende, interviu na TVG para profundizar neste tema.

Durante a intervención, Karina abordou os seguintes temas:

- Pretensións da Banca coa modificación do código de boas prácticas

- Consumidores vulnerábeis ante a banca

- Consellos para a contratación dunha hipoteca

- Expectativas sobre o comportamento do Euríbor

 

Para poder ver a intervención completa, podes premer na seguinte ligazón (min 20) - https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-fds-5855907?t=1738


Se tes algunha dúbida en materia de hipotecas, non dudes en escribirnos a galicia@adicae.net

 

 

igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

22-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller Alfabetización Digital. Nivel avanzado

25-04-2024 A CORUñA TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
alfabetizacion digital nivel avanzado

29-04-2024 VIGO TALLER ALFABETIZACIÓN DIGITAL
Taller alfabetización digital. Nivel avanzado

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email