O pasado sábado 17 de xuño, Karina Fábregas, membro da Xunta Directiva de Adicae Galicia e avogada colaboradora de Adicae, foi entrevistada no programa Bos Días para abordar a subida das hipotecas.
Durante a intervención, Karina abordou os seguintes temas:
- Cómo lle afecta aos consumidores as subida das hipotecas, e en cales teñen maior repercusión
- En qué se ten que fixar un consumidor nas hipotecas
- Qué medidas existen para paliar esta subida.
- Expectativas sobre o comportamento do Euribor
Para poder ver a intervención completa, podes premer na seguinte ligazón (min 15.31): https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-fds-6176618?t=931
Se tes algunha dúbida en materia de hipotecas, escríbenos a galicia@adicae.net
|