As organizacións Fiare Galiza e AMARANTE Setem en colaboración con Adicae, Coop57 e AIS O Peto organizan e presentan a proxección do documental "Con tu dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde investimentos en armas ata desafiuzamentos de familias desfavorecidas.
Despois do documental participaremos nunha mesa redonda con asociacions que se dedican Banca Ética como Coop57, Fiare, Ais O Peto.
Entrada libre e gratuita.
As datas e lugares das proxeccións son os seguintes:
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: Martes, 16 de abril ás 19.00 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Avda do Burgo, s/n Campus Norte)
- VIGO: Mércores, 17 de abril ás 19.30 horas no Centro Civico de Teis (Rúa Camiño Maceiras, s/n)
- PONTEVEDRA: Xoves, 18 de abril ás 20.00 horas no Teatro Principal (Rúa Paio Gomez Chariño, 6) |