¿Que é ser axente activo de consumo?
Este curso gratuito está dirixido a tódolos consumidores, con e sen información previa, que queiran iniciarse en labores de voluntariado, a persoas que colaboren con organizacións sociais, a profesionais de consumo e a traballadores sociais que axuden a diferentes colectivos sociais (persoas maiores, inmigrantes, desempregados, etc). Estas persoas poderán escoller, segundo as suas preferencias, o perfil que desenvolverán como axentes activos de consumo (formativo, informativo ou reivindicativo)
Un Axente Activo de Consumo é unha persoa que desexa desenvolver unha labor de forma voluntaria e que está comprometida e sensibilizada cos problemas dos consumidores. A través deste voluntariado desenvolverá accións que teñen que ver coa prevención, sensibilización e solución destes problemas e abusos a través do desenvolvemento de actividades e campañas no seu ámbito local formando parte dunha rede de axentes, coordinados por ADICAE.
O curso é totalmente gratuíto e aberto a todo o que queira participar.
A inscricion se pode realizar en: educacionfinanciera.adicaeonline.es
Para máis información pode contactar con nós no 981 941 397
Ou nos seguintes enderezos electrónicos:
Vigo: vigo@adicae.net
A Coruña: galicia@adicae.net
Santiago: santiagodecompostela@adicae.net
(
más información )
|