Archivo de noticias - DICIEMBRE 2021

 
CAMBIOS NA FACTURA DA LUZ
imagen

Hai unhas semanas aprobouse unha modificación na etiquetaxe da electricidade. O cambio reflectirase na información que conteñen as nosas facturas, que a partir de agora deberán incluír datos sobre a orixe da enerxía e o seu impacto ambiental.

A modificación farase efectiva en abril de 2022. A intención é mellorar a transparencia das empresas enerxéticas, e garantir que os datos que proporcionan acerca do seu impacto ecolóxico correspóndense coa realidade, e non con estratexias publicitarias ou lavados de imaxe. Tamén permitirá aos consumidores comparar os datos da súa comerlizadora cos da media nacional. 

No  Boletín Oficial do Estado xa podemos atopar un exemplo do aspecto que terá o novo apartado da nosa factura https://www.boe.es/boe/dias/2021/12/13/pdfs/BOE-A-2021-20574.pdf

Os datos que figurarán nas novas facturas son:

• Un  diagrama que mostrará en que porcentaxe utilizou nosa comercializadora cada fonte de enerxía (gas natural, enerxía nuclear, carbón, enerxías renovables…).

• Unha cualificación do impacto ambiental da comercializadora. Funcionará como a etiquetaxe de eficiencia enerxética dos electrodomésticos: unha escala descendente da A a  G. Xunto ao impacto ambiental figurarán as emisións de CO2 e os residuos radioactivos.

• Unha ligazón á normativa da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sobre a etiquetaxe da electricidade, para que podamos comprobar se as nosas facturas cumpren os requisitos establecidos.

Trátase dun cambio positivo cara ao consumo sostible que defendemos desde a asociación, pero  a solución ao problema da electricidade pasa por reformas que garantan prezos xustos e razoables, unha situación de pobreza enerxética cero e un compromiso real de sustentabilidade por parte das comercializadoras. 

Ademais, para que o cambio na factura da electricidade teña un efecto positivo, é necesario que as empresas cumpran a súa parte. Actualmente xa é obrigatorio que as comercializadoras inclúan un código  QR nas facturas, mediante o que acceder a unha comparación das ofertas de mercado. Con todo, nas formacións que organizamos desde ADICAE sobre o contido das facturas da electricidade e o funcionamento do mercado eléctrico, comprobamos que moitas comercializadoras non inclúen o código  QR requirido. 

Se crees que a información da túa factura non é correcta ou tes algunha dúbida sobre o mercado eléctrico, podes contactarnos nas nosas sedes de Galicia:

·A Coruña: coruna@adicae.net 881 88 81 77 

·Vigo: vigo@adicae.net 986 22 66 42 

·Santiago de Compostela: 981 94 13 97

Se queres consultar máis información sobre a nova etiquetaxe ou sobre cuestións de eficiencia enerxética, podes consultar as seguintes ligazóns:

·A nova etiquetaxe: https://blog.cnmc.es/2021/12/28/novedades-en-la-factura-de-la-luz/.

·Garantías sobre a comercialización de enerxía renovable: https://blog.cnmc.es/2019/06/03/pueden-las-comercializadoras-ofrecer-energia-100-renovable/.

·Boletín Oficial do Estado: https://www.boe.es/boe/dias/2021/12/13/pdfs/BOE-A-2021-20574.pdf.

·A obrigatoriedade do Código QR:  https://www.cnmc.es/prensa/codigo-QR-factura-luz-20210702.

 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

29-11-2022 VIGO TALLERES FORMATIVOS
EVITA EL SOBREENDEUDAMENTO. CONOCE Y MEJORA TU EDUCACIÓN FINANCIERA - Consejos para contratar con responsabilidade y planificar nuestro presupuesto - Información sobre las cuentas bancarias - Comisiones: qué son y como evitarlas - Créditos: tarjetas de créditos revolving y créditos rápidos - Contratación de préstamos hipotecarios y problemas de pago da hipoteca - Contratación de servicios financieros por internet - Aprender a elaborar un presupuesto familiar de forma práctica Esta actividad cuenta con el apoyo del Instituto Gallego de Consumo y Competencia En colaboración con FUNDACIÓN ÉRGUETE

29-11-2022 SANTIAGO DE COMPOSTELA TALLERES FORMATIVOS
DALE LUZ A TU FACTURA: ENTIENDE TU FACTURA Y APRENDE A REDUCIRLA - Detectar las malas prácticas encamidas a identificar, esclarecer y conocer los derechos como usuarios del sector eléctrico y los datos esenciales que conforman la factura del consumo eléctrico. - También identificaremos las tarifas que existen y la comparativa entre los dos mercados existentes: mercado regulado y mercado libre - Conocer las nuevas clases energéticas de los electrodomésticos.

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email