Archivo de noticias - ABRIL 2022

 
O Euribor entra en terreo positivo por primeira vez desde 2016
imagen

Hoxe estivemos no programa de radio Galicia por Diante  para explicar cales son as consecuencias desta subida do Euríbor e como afectará os consumidores:

Podes escoitarnos a partir do minuto 19:30.

Claves da intervención:

·A subida afectará ás hipotecas de tipo variable, que se encarecerán.

·No mercado hipotecario, os xa bancos empezan a favorecer a contratación de hipotecas de tipo variable e a subir os prezos das de tipo fixo.

·É clave seguir reclamando e esixindo responsabilidades á banca. Se tes dúbidas, sempre podes contactar con ADICAE; asistirémosche sobre os teus dereitos como consumidor.

 
AFORRO NAS COMPRAS COTIÁS
imagen

Continuando as nosas intervencións nos medios, ADICAE interveu no telexornal serán da TVG deste mércores seis de abril, cunha serie de consellos para aforrar nas compras cotiás ante a inflación que estamos a vivir. 

Podedes ver a intervención nesta ligazón.

 
PREZO DA ENERXÍA E TRANSFORMACIÓN DIXITAL
imagen

Desde a asociación continuamos a nosa labor para reclamar uns prezos da enerxía razoables e unha transformación dixital xusta, que no deixe a ninguén atrás; como parte deste obxectivo, nas últimas semanas leváronse a cabo varias intervencións en medios. Deixámosvos as entrevistas nas seguintes ligazóns:

·Telexornal Serán da TVG do día 15 de marzo, Día Mundial dos Consumidores.

·Telexornal Mediodía da TVG do día 31 de marzo, día da entrada en vigor da rebaixa de seis euros na factura da luz.

 

 
ADICAE cualifica de «histórico» o novo proxecto de lei para os consumidores e usuarios.
imagen

 

Esta semana aprobouse por fin o anteproxecto de lei para a creación dunha autoridade administrativa independente, dedicada á defensa dos clientes financeiros, cuxas decisións serán vinculantes para as entidades bancarias. ADICAE leva reclamando unha autoridade como esta desde os inicios da asociación, e a partir de agora continuará demandando a aprobación dunha lei que matice e confirme o anteproxecto canto antes.

 

O feito de que as decisións desta nova autoridade sexan vinculantes é un avance revolucionario, que non gustou á banca. A partir de agora será máis sinxelo evitar situacións de indefensión, como os peches de oficinas e caixeiros ou as cláusulas abusivas. Unha vez aprobado o anteproxecto a banca terá noventa días para resolver as reclamacións dos seus usuarios; se non cumpre con esta obriga, poderemos acudir á nova autoridade, que resolverá reclamacións de ata 20.000 euros.

Os consumidores poderán contar con ADICAE tanto para as reclamacións ante bancos e autoridades como para seguir reclamando medidas que protexan os seus dereitos. Podedes atoparnos nas nosas sedes de Galicia:


·A Coruña: Avenida de Oza 45. coruna@adicae.net. 881 88 81 77.

·Vigo: Rúa Velázquez Moreno, 9. vigo@adicae.net. 986 22 66 42.

·Santiago de Compostela: Av. de Vilagarcía, 2. 981 94 13 97.

 

 
ADICAE CONSIDERA NECESARIAS AS MEDIDAS DO GOBERNO PARA BAIXAR A FACTURA DA ELECTRICIDADE PERO INSUFICIENTES

ADICAE GALICIA realizou unha intervención na Televisión de Galicia para falar acerca das medidas adoptadas polo goberno para baixar o coste da factura da luz.


Consideramos necesarias pero insuficientes as medidas adoptadas.


Podes ver a intervención a partir do minuto 17.32 no seguinte enlace: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5589386?t=1052


 

 
Volver al archivo de noticias
igc.xunta.es
  xunta.es  

En queremos que participes na túa defensa e na defensa organizada de tódo los consumidores. ¡Cántos máis sexamos, con máis forza defenderemos os nosos dereitos! Contacta con nosotros e envíanos un e-mail coas tuas propostas de particpación.

29-11-2022 VIGO TALLERES FORMATIVOS
EVITA EL SOBREENDEUDAMENTO. CONOCE Y MEJORA TU EDUCACIÓN FINANCIERA - Consejos para contratar con responsabilidade y planificar nuestro presupuesto - Información sobre las cuentas bancarias - Comisiones: qué son y como evitarlas - Créditos: tarjetas de créditos revolving y créditos rápidos - Contratación de préstamos hipotecarios y problemas de pago da hipoteca - Contratación de servicios financieros por internet - Aprender a elaborar un presupuesto familiar de forma práctica Esta actividad cuenta con el apoyo del Instituto Gallego de Consumo y Competencia En colaboración con FUNDACIÓN ÉRGUETE

29-11-2022 SANTIAGO DE COMPOSTELA TALLERES FORMATIVOS
DALE LUZ A TU FACTURA: ENTIENDE TU FACTURA Y APRENDE A REDUCIRLA - Detectar las malas prácticas encamidas a identificar, esclarecer y conocer los derechos como usuarios del sector eléctrico y los datos esenciales que conforman la factura del consumo eléctrico. - También identificaremos las tarifas que existen y la comparativa entre los dos mercados existentes: mercado regulado y mercado libre - Conocer las nuevas clases energéticas de los electrodomésticos.

en imaxes

Galería Últimas fotos

Performance e mesa informativa realizada o 29 de novembro en Santiago de Compostela con motivo do Black Friday, dentro do proxecto
Encontro
Obradoiro:Coñece a tua factura da luz e aprende a reducila_20Maio2014_Guillarei
Proxección do documental
Concentración diante dos Xulgados o pasado 11 de decembro en Vigo por unha axilización das demandas de cláusulas suelo
Asistentes da Xornada Autonomica celebrada en Vigo

Actualmente existen 31 fotos na Galería de imaxes.

Entre na Galería de Imaxes

Servizos da asociación

Asesoría on-line

ASESORÍA
Faga as súas consultas a través de correo electrónico cunha total cofidencialidade ó noso equipo de asesores e reciba resposta nun tempo récord.

Carta de servizos Carta de servizos

ADICAE - Asociación de Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros de España
ADICAE Servicios Centrales: c/Gavín, 12 local, 50001 ZARAGOZA (España).
N.I.F. G50464932. Inscrita con el N° 5 en el registro de Asociaciones de Consumidores del Instituto Nacional de Consumo de España. Email